Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Volve celebrarse a Festa do Emigrante en Santa Leocadia o día 10

Por 8 Agosto, 2023Sin comentarios

A parroquia de Santa Leocadia, en Castro de Rei, celebrará novamente a Festa do Emigrante o día 10 de agosto no campo da Barxa.

A festa ten como centro condutor o xantar popular que se celebrará no propio campo. Os interesados en participar nesta comida, que terá prezos populares, deberán reservar mesa no teléfono 621 339 467 antes do venres anterior.

Haberá churrasco de porco, xamón cocido e de sobremesa cañas, tarta de améndoas e tarta de Santiago. Os que queiran poderán levar a súa propia comida.

Antes do xantar haberá sesión vermú a cargo da solista Verónica Cambón, que tamén amenizará a tarde ata as 22.00 horas.