Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

O CD Castro anuncia dúas novas fichaxes

Por 12 Agosto, 2023Sin comentarios

O CD Castro vén de anunciar dúas novas fichaxes. A primeira a de David Martínez Loureiro coñecido tamén como Bugy que se incorpora á plantilla para axudar na portería. 

Este xogador conta cunha ampla experiencia en Preferente e Terceira e estivo en equipos como o Bergantiños, Fisterra ou Vilalbés. 

Dapo tamén se incorpora á plantilla do CD Castro, centrocampista de corte defensivo. Un xogador versátil e de técnica depurada con experiencia en Preferente e Terceira despois de xogar en equipos como Betanzos, Arteixo, Ribadeo ou SD Pol do que procede actualmente.