Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Estabilizado o incendio de Castro de Rei que afecta xa a 27 hectáreas

Por 19 Agosto, 2023Sin comentarios

A Consellería do Medio Rural informa que o incendio da parroquia Santa Locaia, en Castro de Rei, está estabilizado e afecta a unha superficie de 27 hectáreas.

O lume iniciouse no día de onte ás 15.50 e polo de agora, mobilizáronse para a súa extinción 3 técnicos, 6 axentes, 18 brigadas, 14 motobombas, 2 avións e 3 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.