Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Extinguido o incendio de Castro de Rei que afectou a 27 hectáreas

Por 20 Agosto, 2023Sin comentarios

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello lucense de Castro de Rei, parroquia de Santa Locaia, quedou extinguido ás 22,55 h. de onte, Así, a superficie afectada foi de 27,5 hectáreas, das cales 25 corresponden a arborado e 2,5 a raso.

O lume iniciouse o pasado venres ás 15,50 h. e para a súa extinción mobilizáronse 3 técnicos, 8 axentes, 21 brigadas, 15 motobombas, 3 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.