Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

O campamento de Castro de Viladonga pecha a inscrición para a última quenda

Por 23 Agosto, 2023Sin comentarios

O Castro de Viladonga pecha hoxe o prazo de inscrición da última quenda de agosto do campamento cultural que se celebra dende o 18 de xullo para nenos de 6 a 12 anos.

O obxectivo é favorecer a conciliación das familias desde un enfoque de igualdade entre mulleres e homes. Denomínase campamento castrexo, é totalmente gratuíto.

O horario é de mañás, de 9.00 a 14.00 horas, e realízanse actividades moi interesantes e divertidas ao tempo que culturais para coñecemento do pasado como coñecemento do museo e do xacemento, obradoiros de natureza e ocio, visitas culturais, xogos, contso e lendas, etc.

O campamento conta tamén cun servizo de bus con diferentes puntos de recollida para aqueles nenos e nenas que non se poden achegar pola súa conta.

Todas as familias que esteades interesadas poden chamar ao museo ou neste enlace.

O campamento está incluído dentro do programa Bibliotecas, Arquivos e Museos Corresponsables posto en marcha pola Xunta de Galicia e financiado polo Ministerio de Igualdade do Goberno de España.