Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Cine na Rúa proxectará a película ‘As Bestas’ en Castro de Rei

Por 23 Agosto, 2023Agosto 28th, 2023Sin comentarios

O sábado 26 de agosto de 2023, ás 22.00 horas, no campo da feira de Castro de Rei organizarase unha proxección de cine galego coa longametraxe As Bestas, do director Rodrigo Sorogoyen.

Antoine e Olga son unha parella francesa que se instalou fai un tempo nunha vila do interior de Galicia. Alí levan unha vida tranquila, aínda que a súa convivencia cos veciños non é tan idílica como desexarían. Un conflito cos seus veciños, os irmáns Anta, fará que a tensión medre na vila ata chegar a un punto de non retorno.

A proxección inclúense dentro do programa que a Deputación puxo en marcha este verán co título Cine na Rúa.