Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXADeportes LUGOXADeportes TERRACHÁXA

O CD Castro presenta ante a afección os seus equipos

Por 26 Agosto, 2023Sin comentarios

O CD Castro celebra hoxe a festa de presentación do seu equipo ante a afección, cita que terá lugar ás 19.00 horas no municipal Arturo Pereiro.

Para esta celebración, o equipo principal enfrontarase ao CD As Pontes nun duelo gratuíto, no que estarán tamén os membros dos equipos da base do local. O CD Castro e o CD As Pontes compartirán categoría este ano tralo ascenso do equipo vermello.

Aproveitarase a sesión para presentar tamén os diferentes equipos das categorías inferiores, desde prebenxamín a sénior.

Ademais, o Castro iniciou estes días unha campaña de abanados para apioar ao equipo nesta nova fase. Así ofertan tres tipos de carnés, o individual para maiores de 12 anos, cun prezo de 60 euros, o familiar de 100 euros e o de honra cun prezo de 150 euros.

O primeiro equipo iniciou a tempada o pasado 30 de xullo cunha charla co adestrador, Rafa Casanova, que se encargará de dirixir ao equipo nesta nova tempada.