Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXADeportes LUGOXADeportes TERRACHÁXA

O CD Castro organiza dous torneos de F7, para equipos femininos e para veteranos

Por 29 Agosto, 2023Setembro 6th, 2023Sin comentarios

Castro Ribeiras de Lea acollerá esta fin de semana dous torneos de F7 organizados polo CD Castro. Será unha proba femenina e outra para veteranos do 1 ao 3 se setembro nas instalacións Anexo Arturo Pereiro.

Na categoría feminina só poderán inscribirse un número máximo de 12 equipos cun máximo de 12 xogadores en cada equipo. Ademáis, as inscricións terán un prezo de 150 euros con seguro incluído.

Premiaranse os catro primeiros equipos cun trofeo e unha remuneración económica que varía dos 500 euros para o primeiro posto ata 100 euros para o cuarto posto. Os premios poden cambiar en función do número de equipos inscritos.

A organización, ademáis, poñerá ao servizo dos espectadores un servizo de bar con bocadillos.

Na categoría de vetarno rexierán unhas normas parecidas. Só poderán inscribirse un número máximo de 12 equipos cun máximo de 12 xogadores, maiores de 35 anos, en cada equipo ou 10 xogadores de 35 anos e dous de entre 30 e 35 anos. As inscricións tamén terán un prezo de 150 euros.

Premiaranse os catro primeiros equipos cun trofeo e unha remuneración económica que varía dos 1000 euros para o primeiro posto ata 200 euros para o cuarto posto, así como unha remuneración de 200 euros máis trofeo para o mellor equipo do concello non clasificado entre os catro primeiros. Os premios poden cambiar en función do número de equipos inscritos.