Skip to main content
Cospeito

Chega o 19 a terceira edición do Festival Cultural Pozo Mouro de Muimenta

Por 14 Agosto, 2023Agosto 16th, 2023Sin comentarios

Tralo éxito das dúas primeiras edicións, está convocada a terceira do festival Pozomouro, organizado pola Asociación Cultural Avelino Iglesias Alvariño e que terá lugar o 19 de agosto na área recreativa Ribas do Miño, en Muimenta.

A data adiántase a edicións anteriores, que se celebraron o 31 de agosto de 2019 e o 4 de setembro de 2022. A celebración comeza todos os anos con música dende media mañá e as actividades complétanse cunha romería popular na que os participantes deberán aportar o seu xantar.

Así antes do xantar está previsto a partir das 11.00 horas unha ruta pola natureza e un obradoiro de danza con Eva Quiroga, actos que culminarán coa regulamentaria sesóin vermú ás 13.30 horas, un oncerteo de Los Tres en un Piso.
Tamén pola mañá se abrirán os postos de artesanía, que se poderán visitar ata as 20.00 horas.

Entre os actos da tarde figura unha xincana e tres obradoiros, un deles para os máis pequenos. Xaneco Tubío terá a súa actuación musical e Trécola Produccións presentará os seus Títeres Subversivos.

Ás 20.00 horas terá lugar un recital poético con Jesús Castro Yáñez, Branca Trigo e Abraham Pérez antes de dar paso aos concertos, que arrancarán ás 21.30 horas.

Os protagonistas deste ano serán Mibuenaventura, con música de cumbia; Balklavalhau, de estilo balkan, e a música celta de Rozadura. Rematarán a noite do DJ Balskandal.

A organización lembra que haberá zona de acampada de balde para os que o desexen.