Skip to main content
Cospeito

A obra de teatro ‘Contos na escada’ chega á biblioteca de San Martiño de Pino o día 18

Por 12 Agosto, 2023Agosto 13th, 2023Sin comentarios

O vindeiro venres 18 de agosto a biblioteca de San Martiño de Pino acolle a obra de teatro Contos na escada da man de Alentía Teatro. 

A representación terá lugar ás 20.30 con entrada gratuíta e destinada a todos os públicos. 

Contos na Escada é un espectáculo que se vertebra ao redor das catro historias que Benilde, muller maior dunha aldea de Palas de Rei, contou nos chanzos dunha escada mentres subía retellar unha palleira, cun anaco de pan nunha man e cun pouco de queixo na outra. 

Alentía Teatro xurdiu no ano 2005 no lugar de Vilamarelle (aldea de San Xiao do Camiño) co obxectivo de achegar o teatro ao público en xeral, sobre todo a aqueles lugares, vilas pequenas e aldeas de Galicia, onde as grandes producións nunca chegan.