Skip to main content
Cospeito

A asociación San Martiño de Pino organiza unha ruta o 22 de agosto

Por 15 Agosto, 2023Agosto 16th, 2023Sin comentarios

A Asociación Recreativo Cultural de San Martiño de Pino organiza unha ruta o próximo 22 de agosto.

A Ruta das Cruces conta cunha distancia total de 7,5 quilómetros e José Manuel Pena Regueira sera o encargado de guiar a todos os asistentes polo percorrido. 

A saída será dende a área recreativa de Porto ás 17.30 e terá unha duración de duas horas e media aproximadamente.

Nesta ruta os asistentes poderán desfrutar de oito cruces, un cruceiro e a visita a capela da Virxe das Dolores e do castro de Vicente. 

A organización recomenda levar unha pequena merenda para desfrutar todos xuntos.