Skip to main content
CospeitoDeportes TERRACHÁXA

Volve en setembro o XV Trofeo Concello de Cospeito

Por 20 Agosto, 2023Agosto 21st, 2023Sin comentarios

O próximo sábado 2 de setembro volve o XV Trofeo de Cospeito organizado polo CSD Muimenta e o Concello de Cospeito.

Os partidos de semifinais darán comezo ás 10.00 co CD Cosepeito contra o Meira FC.

Continuarán ás 12.00 nun encontro que enfrentará ao CSD Muimenta contra o AD Castro Rolda.

Ás 16.00 será o encontro que decidirá o terceiro e cuarto posto e ás 18.00 celebrarase a final para coñecer ao gañador.

Todos os partidos dos torneo celebraranse no estadio O’Pichón.