Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

A Castronela celebra o próximo domingo unha malla en Friol

Por 19 Agosto, 2023Sin comentarios

A asociación A Castronela de Friol, xa ten todo preparado para facer á terceira edición da Malla, que terá lugar o domingo día 27 de agosto a partir das 11:00 horas no Castro Friulio (ao carón das piscinas municipais).

Este é un proxecto conxunto da asociación Castronela, da comunidade de montes de Anafreita e do Concello de Friol, no que se trata de recuperar unha tradición tan arraigada na cultura galega. A primeira malla tivo lugar antes da pandemia e o obxectivo e continuar no tempo con ela.