Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Friol celebra a súa Festa da Xuventude este venres

Por 24 Agosto, 2023Agosto 25th, 2023Sin comentarios

Friol acolle o este venres 25 de agosto a Festa da Xuventude. 

A velada dará comezo ás 21.00 horas cunha gran churrascada e pancetada no Parque Rosalía de Castro, con pan e bebida. 

A continuacón, sobre as 00.00 dará comezo a verbena, na praza Andón Cebreiro, a cargo do grupo Claxxon e a orquestra Player’s, que actuarán ata ben entrada a madrugada. 

O alcalde, José Angel Santos, espera a “asistencia e participación da xente moza do pobo en este día tan especial e desexa que desfruten dunha tarde e noite festiva e divertida para toda a xuventude do municipio de Friol”. 

O rexedor indica que “esta festa celébrase para a xente moza de Friol, principalmente, aínda que as portas están abertas para todos os veciños e veciñas que queiran achegarse ata a festa ese día, e para calquera persoa que queira visitarnos”.