Skip to main content
Guitiriz

Xermolos recibe o premio As nosas músicas

Por 6 Agosto, 2023Sin comentarios

A asociaciación A Xesteira, de Couso (A Estrada) fixo saber que a sexta edición do premio As nosas músicas foi destinado á Asociación Xermolos de Guitiriz.

Os motivos que achegan para esta distinción son: “por todos os anos de dedicación á promoción, difusión e defensa da música e da cultura galega a través do Festival de Pardiñas (que neste ano 2023 camiñará pola súa 44 edición).”

A entrega do premio, que vai a consistir nunha placa conmemorativa realizada en pedra representando a imaxe de As Nosas Músicas, vai ter lugar no marco da 26 Edición do festival As Nosas Músicas, da man de Xaneco Tubío, presidente da AGG (Asociación do baile e a música de tradición galega), na noite do 14 de agosto.

A Asociación Xermolos quere transmitir o seu agradecemento á asociación A Xesteira por esta distinción e formar parte así da listaxe de premiados e premiadas en pasadas edicións.

A Asociación Xermolos quere transmitir o seu agradecemento á asociación A Xesteira por esta distinción e formar parte así da listaxe de premiados e premiadas en pasadas edicións: Carlos Blanco, Pilar García Rego, polo Alalá da Televisión de Galicia, Ana Romaní, polo Diario Cultural da Radio Galega, Leilía e Emilio Españadero, polo Lume na palleira da Radio Galega.

Xermolos neste anos recibiu varios premios, por exemplo, Premio da Crítica en Vigo, Premio da Cultura Tradicional de María Castaña en Lugo, Premio Facer País en Láncara, Premio do Museo San Antón de A Coruña, Premio Martín Códax en Pontevedra, etc.”