Skip to main content
Guitiriz

Regresa o Parga Rock o día 2 de setembro

Por 19 Agosto, 2023Setembro 6th, 2023Sin comentarios

Fiel á súa cita coa música rockeira, Parga reunirá este ano oito grupos de música no PargaRock, o festival de balda que abre a programación de setembro nesta vila de Guitiriz.

O primeiro sábado de setembro volverán a sonar as guitarras e a música rock da man de seis grupos de recoñecido prestixio.

Tropa do Carallo será a cabeza de cartel do festival. Son importantes as raíces galegas deste músico que foi membro e fundador de bandas como La Polla Records ou Gatillazo, e será a de Parga a primeira data da banda en Galiza neste 2023.

Subiranse no primeiro vagón deste tren de artistas os lucenses Barbarian Prophecies. A banda está considerada como un dos máximos expoñentes no seu estilo, o Death Metal, a nivel nacional. Levan dende o 2000 esnaquizando pescozos e xirando por media Europa.

Homonosapiens Metalpunkrock é unha banda de rock, con tintes punk e metal e cun nivel de madurez e un estilo moi propio, todo aderezado cuns estribillos moi pegadizos.

Xunta a esta estará Abaixo Cu Sistema, que son coñecidos por levar un dos mellores, senon o mellor tributo a #systemofadown aló onde pisan. Con esta banda que pechará a noite do sábado volve un tributo a Carballeira de Parga despois de varios anos sen emular os añorados Riff Raff, La Leñera ou Display Of Power.

Subirase tamén ao escenario do Parga Rock Ith Xanceda Mesía. Toxo, Miguel, Alberto, Gonzalo e Lucía veñen de autoeditar un disco que os achega moito ao estilo do festival.

Collón de Lola está formado por músicos de medio mundo, das catro provincias galegas, pero tamén de Francia e incluso Polonia. A súa especialidade é facer revivir as cancións do Xabarín Club pero cun toque rockeiro e será a encargada de facer a sesión vermú.

Co horario aínda pendente, a organización confirmou que haberá zona de acampada libre para as dúas noites do festival.