Skip to main content
Guitiriz

O Mago Antón estará hoxe en Guitiriz

Por 15 Agosto, 2023Sin comentarios

O Mago Antón estará ao longo do día de hoxe en Guitiriz onde actúará no magomobil, un vehículo preparado para o cesenvolvemento do espectáculo e con capacidade para 70 espectadores onde realizará cinco funcións diarias de 45 minutos cada unha, adaptándose á demanda. 

O magomóbil estará situada na praza do Campo da Feira e as funcións darán comezo ás 13.00 sendo este o único pase pola mañá. Xa pola tarde haberá catro pases ás 18.00, ás 19.00, ás 20.00 e ás  21.00. 

Mil maxias máis é un espectáculo de maxia  dirixido ao público familiar para poñer en valor a nosa lingua utilizando xogos orixinais creados polo mago Antón coa finalidade de facer que os espectadores lembren a importancia que ten a palabra en galego. Os espectadores verán aparecer por arte de maxia e con todo o seu valor simbólico: landras, amorodos, lóstregos, bolboretas e moitas, moitas vasoiras para que todos e todas poidamos voar coa maxia do mago Antón e a da nosa lingua.

O continente deste espectáculo é un teatro sobre rodas: o magomóbil.  Trátase dun vehículo expresamente deseñado para a presentación de espectáculos de maxia de cerca e de salón. Entrar no magomóbil para presenciar Mil maxias máis será como abrir un libro de marabillas, entrar nun mundo fascinante onde todo xira arredor da maxia da palabra.