Skip to main content
Guitiriz

Guitiriz acolle un obradoiro para a captación dixital da cidadanía

Por 17 Agosto, 2023Sin comentarios

A Aula CeMIT do Concello de Guitiriz acolle o vindeiro 2 de setembro, en horario de 10.00 a 14.00 h, un obradoiro creativo sobre equipamento para a inclusión e a capacitación dixital da veciñanza.

A actividade está definida no marco do convenio de colaboración entre a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia destinada a adultos sen necesidade de coñecementos previos aínda que si con competencias básicas no uso das TIC.

Esta sesión demostrativa e experimental, na que se exporán varias aplicacións e usos dos sistemas e equipamento tecnolóxico presentes nos centros da Rede, está destinada a persoas adultas con interese profesional o persoal sobre este tipo de tecnoloxía cun enfoque divulgativo e ocio-educativo.

Esta formación irá acompañada de pílulas informativas (estilo quickstart) de cada elemento, sintetizando os seus aspectos técnicos e principais posibilidades así como diversos recursos para o seu aprendizaxe.

Os usuarios/as poderán ver, inspirarse e interactuar con algunhas creacións e implementacións dos diversos sistemas con finalidades ocio-educativas.

As prazas son limitadas e as persoas interesadas poderán anotarse, así como recibir máis información, no correo electrónico cemit.guitiriz@xunta.gal ou chamando ao 982 370 062.