Skip to main content
Guitiriz

Parga celebra esta fin de semana as súas festas e unha homenaxe a Fuxan os Ventos

Por 17 Agosto, 2023Agosto 18th, 2023Sin comentarios

Este venres 18 de agosto Parga acolle unha homenxa ao grupo Fuxan os Ventos que terá lugar ás 19.30 no CIT de Parga. 

O sábado ás 11.00 celebrarase unha alborada a cargo do grupo de gaitas Ferreiriños e ás 14.00 dará comezo a sesión vermú a cargo da orquestra Galilea. 

Ás 19.00 dará comezo un partido de fútbol para continuar ás 22.30 cunha verbena a cargo de Son d’Festa e Galilea. 

O domingo 20 a xornada dará comezo coa misa e procesión ás 13.45 para continuar ás 14.30 coa sesión vermú amenizada pola orquestra La Favorita. 

Xa pola tarde ás 19.00 dará comezo un pasacalles cos Trileros e ás 22.30 a verbena coas orquestra Dilema e La Favorita. 

Para rematar o día haberá unha sesión de pirotécnia ás 00.00 a cargo de Rocha Areas. 

O luns 21 será o útimo día de festas cunha sesión vermú ás 14.00 con D’Vicio e ás 16.00 dará comezo unha festa infantil e da escuma nas instalación do CIT. 

A verbena, que dará comezo ás 22.30, estará a cargo das orquestras D’Vicio e América.