Skip to main content
Guitiriz

A piscina municipal de Guitiriz permanecerá pechada este domingo día 20

Por 18 Agosto, 2023Sin comentarios

O Concello de Guitiriz informa que o vindeiro domingo, 20 de agosto, a piscina municipal permanecerá pechada ao público durante toda a xornada.

A piscina que leva aberta dende o pasado 27 de xuño, ás 15 horas, continuará aberta en horario normal ata a fecha de peche que será o domingo 4 de setembro, ás 20 horas. 

Durante os meses de xullo e agosto o uso da piscina municipal por parte do público en xeral combinarase cos cursos de natación dirixidos a rapaces e rapazas de 4 a 12 anos que se celebrarán de martes a venres de 11.30 a 13 horas.

Por iso, o horario de apertura para o público no mes de xuño é de 15 a 21 horas, en xullo e agosto de 14 a 21 horas e en setembro de 15 a 20 horas.