Skip to main content
Guitiriz

Guitiriz acolle unha charla para coidadores de persoas con dependencia

Por 28 Agosto, 2023Sin comentarios

A Casa Habanera de Guitiriz acolle este sábado, 2 de setembro, unha charla dirixida a coidadores de persoas en situación de dependencia.

A ponencia está ao cargo de Afalu (Asociación de familiares de enfermos de alzheimer e outras demencias neurodexenerativas de Lugo) e terá horario de 16.00 a 21.00 horas.

Na sesión tratarse de ofrecer unha guía para ofrecer o mellor coidado e protexerse o coidador.

As persoas interesadas en asistir poden inscribirse no 607 843 384 ou no concello de Guitiriz.