Skip to main content
Meira

Meira volverá ter carreira popular o 12 de agosto

Por 6 Agosto, 2023Agosto 7th, 2023Sin comentarios

O Concello de Meira convoca a cuarta edición da Carreira Popular Vila de Meira, que terá lugar o sábado 12 de agosto na vila a partir das 18.00 horas e con chegada á praza do Concello.

Cambia de novo a estrutura da competición, que contará cunha carreira absoluta, para maiores de 16 anos, que percorrerán 5,2 quilómetros, establecéndose tamén carreiras para as distintas categorías para os menores, que van dende os pitufos, para os nados entre 2019 e 2021, ata a de cadete, para os de 2008 e 2009.

As carreira dará comezo desde as 18.00 horas para os máis pequenos con saídas cada 5 ou 10 minutos e percorridos que van dende os 500 metros para os máis pequenos ata os 3 quilómetros dos cadetes.

A competición de adultos ten a súa saída ás 19.00 horas. Tamén se celebrará unha andaina na honra a Mercedes García (Merche), que fará o mesmo percorrido que a carreiras e sairán dez minutos antes.

A organización establece un prezo de inscrición só para os da absoluta que é de 5 euros para os que se apunten antes do 1 de agosto, despois será de 7 euros. O prazo remata o 7 de agosto.

Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba na praza do Concello de 12:00 a 18:00 horas.

Os premios consistirán en trofeo para os tres primeiros homes e as tres primeiras mullres da xeral e trofeo ou medalla para os tres primeiros de cada categoría.

Ademais a organización porá duchas a disposición dos atletas nas instalacións do pavillón municipal.