Skip to main content
Meira

Meira acolle hoxe unha xornada de maxia co Mago Antón

Por 11 Agosto, 2023Sin comentarios

O Mago Antón chegará hoxe a Meira na que actúará no magomobil, un vehículo preparado para o desenvolvemento do espectáculo e con capacidade para 70 espectadores onde realizará cinco funcións diarias de 45 minutos cada unha, adaptándose á demanda.

O magomóbil estará situada na praza do Concello e as funcións darán comezo ás 13.00 sendo este o único pase pola mañá. Xa pola tarde haberá catro pases ás 18:00, ás 19:00, ás 20:00 e ás  21:00.

Mil maxias máis é un espectáculo de maxia  dirixido ao público familiar para poñer en valor a nosa lingua utilizando xogos orixinais creados polo mago Antón coa finalidade de facer que os espectadores lembren a importancia que ten a palabra en galego. Os espectadores verán aparecer por arte de maxia e con todo o seu valor simbólico: landras, amorodos, lóstregos, bolboretas e moitas, moitas vasoiras para que todos e todas poidamos voar coa maxia do mago Antón e a da nosa lingua.

O continente deste espectáculo é un teatro sobre rodas: o magomóbil.  Trátase dun vehículo expresamente deseñado para a presentación de espectáculos de maxia de cerca e de salón. Entrar no magomóbil para presenciar Mil maxias máis será como abrir un libro de marabillas, entrar nun mundo fascinante onde todo xira arredor da maxia da palabra.