Skip to main content
Meira

A rede electrica da ampliación do parque empresarial de Meira contará cun reforzo de 52.000 euros

Por 14 Agosto, 2023Sin comentarios

O consello de administración da empresa pública Xestur autorizou a execución dos traballos de reforzo de instalación da rede de distribución para o subministro eléctrico ás parcelas que resulten da futura urbanización do Polígono C do parque empresarial de Meira, na provincia de Lugo.

Esta obra de reforzo da rede eléctrica terá un custe de 52.160,45 euros. Actualmente Xestur está redactando o proxecto de urbanización da fase C do parque
empresarial de Meira, que ocupará unha superficie de arredor de 24.000 metros cadrados.

A obra permitirá garantir un subministro eléctrico de calidade á ampliación do parque empresarial, cuxo proxecto de urbanización están en redacción.