Skip to main content
Meira

O Concello de Meira organiza unha ruta guiada este sábado

Por 17 Agosto, 2023Agosto 18th, 2023Sin comentarios

O vindeiro sábado 19 de agosto Meira acolle unha andaina dun tramo da ruta Miño-Eo pero adaptado para ir á Mexadoira e facelo circular.

A saída será dende a Oficina de Turismo ás 11.00 para a continuación subir en coches ata o Estreito, onde aparcaremos e iniciaremos unha andaina guiada de 12km.

O prezo do xantar na Taberna da Louseira é de 15 euros por persoa e será imprescindible anotarse por whatsapp ao número de teléfono 618 679 632 oue a través de enderezo electrónico turismo@concellosdemeira.com.