Skip to main content
Meira

O vindeiro martes Meira acolle unha nova visita dentro ciclo de visitas guiadas

Por 19 Agosto, 2023Sin comentarios

O próximo martes haberá unha nova visita guiada dentro do Ciclo de Visitas Guiadas do verán para celebrar o 20 aniversario da Oficina de Turismo. 

A visita dará comezo ás 17.00 horas cunha subida a pé ata San Roque, onde está o cemiterio parroquial. 

Realizarase unha visita á exposición de Epitafios: Os Adeuses Eternos na igrexa de Meira e explicaranse algúns dos epitafios acompañados polo  profesor Bernardo Penabade Rei, precursor do Modelo Burela e do Proxecto Neo.

Esta actividade é gratuíta. 

Pola noite haberá unha xornada de Cine na Rúa coa proxección da película Matria ás 22.00 na Praza do Convento.