Skip to main content
Meira

A Malla de Meira celebra a súa XXXI edición este domingo

Por 21 Agosto, 2023Agosto 28th, 2023Sin comentarios

Este vindeiro domingo, 27 de agosto, terá lugar en Meira a tradicional Festa de Malla, considerada Festa de Interese Turístico de Galicia onde se dá a coñecer un dos traballos máis tradicionais do agro da provincia.

É esta unha festividade onde os veciños reúnense para celebrar este día na compaña de cancións e bailes traidiconais relacionados co traballo, así como unha serie de actividades.

Destacan no programa desta edición a actuación de Nove Ferreñas, o Trío Muralla, a Banda de Música de Meira, a Banda de Gaitas da Escola de Música de Meira, a Banda de Acordeóns, o grupo Leirabuxo e Seimeira.

Además, para os máis pequenos, haberá xogos; así como a tradicional exposición de artesanía e maquinaria antiga.

Esta popular celebración está organizada pola Asociación Amigos de Malla de Meira e o Concello de Meira.

A Feira da Malla de Meira naceu no ano 1992 co fin de manter viva esta tradición e que continúe enriquecendo ás novas xeracións. Dende entón e ata o día de hoxe, esta cita cultural e turística continúa a celebrarse reunindo a centos de visitantes ao longo de toda a xornada. A Asociación de Amigos da Malla de Meira organiza este evento co obxectivo de por en valor o oficio tradicional da malla.