Skip to main content
Meira

‘Matria’ proxéctase este martes en Meira

Por 21 Agosto, 2023Agosto 25th, 2023Sin comentarios

Este martes 22 de agosto, a praza do Convento de Meira acollerá a proxección da película Matria na que sobresae a persoaxe de Ramona interpretada con braveza pola viguesa María Vázquez.

Esta proxección, que terá lugar ás 22.00 horas, está organizada pola Asociación Cultural Eme de Meira xunto á Deputación Provincial dentro do ciclo de Cine na Rúa.

Ramona, unha muller de corenta anos, vive sumida nun contexto laboral e persoal tenso e impredecible. Un día crúzase con Xosé, un home con quen constrúe unha inusual amizade que lle permite pensar que, tal vez, exista algo novo polo que vivir. Sempre sacrificándoo todo polo futuro da súa filla Estrella, verase empurrada a mirar cara adentro e a pensar que, tal vez, exista algo novo polo que vivir.