Skip to main content
Meira

Continúan os mércores de cine en Meira

Por 28 Agosto, 2023Setembro 1st, 2023Sin comentarios

Este mércores, 30 de agosto, continúa en Meira o ciclo de cinema Mestre Mateo. Está organizado pola Academia Galega do Audiovisual e máis a Deputación de Lugo.

A Asociación cultural M de Meira, xunto co Concello de Meira, colaboran poñendo os medios para que se poida ver no concello e seguirán as proxección mañá co filme Live is life, documental do director Dani de la Torre.

Verán de 1985. Como cada ano, Rodri deixa Cataluña e volta á aldea galega dos seus pais para reencontrarse coa súa panda. Pola contra, este ano é distinto para él e os seus amigos. Os problemas do mundo real comezan aparecer nas súas vidas ameazando con separalos.

Aferrándose á amizade que os une, os cinco amigos planean escapar a noite de San Xoán na busca dunha flor máxica que, segundo conta a lenda, medra no alto dunha montaña e pode facer os deseos realidade.

Este filme foi nominado ao Mestre Mateo ao Mellor Documental.

As proxeccións, que son ás 22.00 horas na casa da cultura baixo o título Mércores de Cine, continuarán o próximo mércores na localidade.