Skip to main content
Muras

Xa hai data para a tradicional Feira do Poldro de Muras

Por 30 Agosto, 2023Outubro 13th, 2023Sin comentarios

O Concello de Muras organizará o 24 de setembro a XXXV edición da Feira do Poldro e do Gando do Monte considerada hoxe en día unha Festa de Interese Turístico Galego xa que, ano tras ano xenera un importante movemento de animais e de ganderías, con exemplares, criadores e criadoras que proceden de diferentes puntos de Galicia, para participar tanto na compra e na venda, como nos certames e actividades incluídas na programación da feira.

A falta de que se publique o programa, esta feira destaca polas súas carreiras, tanto para os afeccionados como as federadas, e a súa degustación de hamburguesas e chourizos de poldro a cargo de Puraga. Ademais da música e os xogos para os máis pequenos.

Espérase un éxito igual ca o resto dos anos.