Skip to main content
As Pontes

A Aula CeMIT das Pontes comeza tres cursos sobre uso da tecnoloxía

Por 6 Agosto, 2023Sin comentarios

A Aula CeMIT das Pontes acolle esta semana o inicio dunha serie de cursos sobre programas web.

Así, este luns, 7 de agosto comezará un de Creación de aplicacións web de nivel iniciación, que se desenvolverá todos os luns e mércores de 9.00 a 13.30 horas e dará comezo este luns.

Xa o martes 8 de agosto terá lugar o curso de Iniciación á programación en Javascript, que se desenvolverá os martes e xoves de 9.00 a 13.30 horas.

A Aula CeMIT das Pontes continúan sumando cursos este verán e inicia este venres, 11 de agosto, unha nova formación sobre como crear un blog en WordPress con plantilla.

Trátase dun curso de 18 horas de duración que se celebrará todos os venres de 9.00 a 13.30 horas.

Para todos eles a inscrición ten que facerse previamente no teléfono 670 892 227 ou no correo cemit.aspontes@xunta.gal.