Skip to main content
As Pontes

Organizan un curso de formación en prevención de riscos laborais nas Pontes

Por 12 Agosto, 2023Sin comentarios

CIG As Pontes iniciará o día 6 de setembro un curso básico de prevención de riscos laborais de 60 horas de duración.

Este será presencial e se celebrará todos os mércores e venres ata o 11 de outubro, ademais do 25 de setembro, que tamén será lectivo.

O horario das clases será de 16.00 a 21.00 horas e as persoas que desexen anotarse deberán facelo no teléfono 981 451 510 ou no correo aspontes@galizacig.gal.

As clases desenvolveranse na sede da CIG das Pontes, situada na rúa Balsa.