Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Os socialistas de Rábade piden explicacións por unha tala de árbores

Por 19 Agosto, 2023Sin comentarios

Os socialistas de Rábade, a través do voceiro municipal, Alejandro Martínez Campos, veñen de pedir explicacións ao Goberno local por “o que consideramos unha agresiva poda realizada polo Concello a pasada semana nos carballos situados no campo da feira, en pleno verán e ás vésperas das festas patronais da localidade”. 

Segundo informan, veñen de presentar un escrito no rexistro municipal mediante o cal solicitan documentación sobre “esta actuación que pensamos pode levar consigo danos irreparables nestas especies arbóreas de patrimonio público”.

No documento presentados solicitan á alcaldes “un informe do técnico forestal que recomendou realizar esta poda porque consideramos que se trata dunha práctica abusiva e desmesurada”, sinalou Martínez Campos. 

“Descoñecemos absolutamente as causas e os criterios técnicos que puideron motivar a realización destes traballos e pedimos unha breve  resposta ante esta grave situación, que entendemos, pode ser moi prexudicial para a saúde destas árbores e provocar un impacto negativo no aspecto medioambiental e visual deste espazo verde” declara o voceiro. 

Neste sentido, sinalou o socialista, “estudaremos ao detalle o documento solicitado e avanzamos xa que, se fose necesario, procederemos a iniciar os trámites pertinentes para denunciar estes feitos ante a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia”.