Skip to main content
Vilalba

O Concello de Vilalba saca a licitación a renovación dos servizos do camiño de Cotarón

Por 12 Agosto, 2023Agosto 13th, 2023Sin comentarios

O Concello de Vilalba saca a licitación as obras para a renovación das instalacións de abastacemento e saneamento de augas residuais e pluviais, a pavimentación e o novo alumeado no camiño Cotarón. 

“Con esta actuación, continuamos co proceso de mellora continua dos servizos e infraestruturas públicas de Vilalba”, explica Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Medio Ambiente e Espazos Naturais. O orzamento dos traballos é de 220.000 euros. 

Actualmente, a fragmentación e os diferentes usos da vía impiden o seu desfrute polos cidadáns, que conciben a mesma como un espazo de servidume para o aparcadoiro e o acceso exclusivo das casas unifamiliares e parcelas ás que da acceso.

O proxecto servirá para reformar íntegramente as instalacións de abastecemento e saneamento, realizando unha rede separativa de augas fecais e pluvias, e para acometer a repavimentación cunha plataforma de formigón lavado ou desactivado apta para o uso peonil e rodado, que dará homexeneidade a todo o conxunto. 

O ámbito de intervención do proxecto non se limita exclusivamente ó camiño Cotarón, senón que se extende polas tres rúas polas que ten continuidade urbana, a rúa Cotarón, a rúa Plácido Peña e a rúa do Rego. 

Para a ambientación, así como a seguridade, proxéctase a instalación de dous tipos de luminarias. Un primer tipo composto por balizas na sección da vía máis estreita e con maior pendente, na que non hai edificacións aos lados. 

O segundo tipo de luminarias empregado é un conxunto de luminarias empotradas nas fachadas, creando unha iluminación mais xeral do conxunto. 

No camiño Cotarón xa existían luminarias tipo led, pero actualizaranse e engádese unha nova na rúa do Rego.