Skip to main content
Vilalba

Volve a quinta edición da Nocturna de San Ramón o 19 de agosto

Por 13 Agosto, 2023Agosto 14th, 2023Sin comentarios

Vilalba será escenario o sábado 19 de agosto da quinta edición da Nocturna de San Ramón, organizada polo Club Atletismo Vilalba coa colaboración do Concello de Vilalba. 

Tras uns anos de parón desde a pandemia regresa a proba, con chegada e saída á praza da Igrexa.

As carreiras comezarán ás 20.00 horas coas diferentes categorías infantís e xuveniles. 

A proba senior, de cinco quilómetros dará comezo ás 22.00 horas e haberá tamén a esa hora unha andaina de tres quilómetros. 

“Máis alá do carácter competitivo que ten unha carreira, o importante na Nocturna de San Ramón é facer deporte, fomentar os hábitos de vida saudables e pasar un bo rato con familiares e amigos”, asegura Elba Veleiro, alcaldesa e responsable da área de Deportes no concello. 

As incricións están abertas ata o 15 de agosto e poden realizarse en www.championchipnorte.com.

As persoas interesadas en participar na andaina poden facelo telemáticamente ou presencialmente, o propio día da Nocturna de San Ramón desde as 17.00 ata as 20.00 horas na praza de Sta. María.