Skip to main content
Vilalba

Cine da rúa chega a Vilalba o próximo 24 de agosto

Por 20 Agosto, 2023Agosto 21st, 2023Sin comentarios

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), participa no ciclo de Cine da rúa convocado pola Área de Cultura Vicepresidencia da Deputación de Lugo, coa proxección ao aire libre da película Sica de Carla Subirana.

A proxección será no Parque de Rosalia de Castro o xoves 24 de agosto, ás 2.:00 horas, con entrada libre ata completar aforo. 

Sica (14) está obsesionada con que o mar devolva o corpo de seu pai tras un naufraxio na Costa da Morte, Galicia. 

Mentres percorre os cantís coñece a Suso (15), ‘o Cazatormentas’, un mozo raro coma ela que agarda a chegada de Ofelia, a nai de todas as tormentas. Sica investiga as circunstancias do accidente e adéntrase nunha dolorosa viaxe de descubrimento. 

Aos seus ollos, a vila mariñeira onde ela medrou, marcada pola brutalidade do seu océano e o crecente desequilibrio da natureza, xamais volverá a ser o mesmo.