Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

Os Capóns de Vilalba levará a cabo o xoves unha xornada de portas abertas.

Por 23 Agosto, 2023Sin comentarios

Mañá xoves, día 24 de agosto, terá lugar a primeira das xornadas de portas abertas organizadas por Capóns Vilalba Rugby Club en colaboración con Concello de Vilalba.

Xa se celebraron unhas xornadas similares o ano pasado nos meses de xullo e agosto.

Nesta ocasión levaranse a cabo na praza da Constitución de 17.00 a 18.30 horas e estará aberto a todas as idades para que poidan facer o seu primeiro achegamento a este deporte practicando e recibindo as primeiras indicacións sobre o mesmo.