Skip to main content
Vilalba

Rematan os campamentos en Vilalba cunha festa da escuma

Por 26 Agosto, 2023Sin comentarios

A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, e a concelleira de Educación, Infancia e Xuventude, Paula Vigo, entregaron os diplomas aos participantes dos campamentos de verán municipais. A rapazada puido gozar dunha festa de clausura destas actividades, que incluíron un tobogán de auga e a festa da espuma.

As representantes municipais entregaron a cada rapaz un diploma, ademais dun agasallo que incluía unha gorra e unha orla conmemorativa.

Os campamentos de verán do Concelllo de Vilalba acolleron á rapazada entre 5 e 12 anos en diferentes quendas, ao longo dos meses de xullo e agosto. “Para nós, a conciliación familiar é unha prioridade de Goberno, que garantimos con medidas como estes campamentos na época estival, sinala a alcaldesa de Vilalba.

Pola súa banda, a edil de Educación, Infancia e Xuventude, recalcou que estes campamentos “reforzan a convivencia entre a rapazada, fomentando valores como a solidariedade, o traballo en equipo, o esforzo ou o contacto co medio ambiente, combinando actividades educativas e lúdicas”.