Skip to main content
Vilalba

Xurxo Alonso gaña o certame literario do Concello de Vilalba

Por 25 Agosto, 2023Agosto 28th, 2023Sin comentarios

O Concello de Vilalba vén de facer público o fallo do xurado do XLIX Certame Literario, do que resultou gañador Xurxo Alonso coa súa obra Cartas de Conxo – O legado dás Távora.

O xurado formárono Darío Villanueva, membro da Real Academia Española; Ramón Villares, catedrático de Historia, Xulio Xiz, xornalista; e Fidel Fernán, director do grupo de Radio Principal.

SOBRE O AUTOR

Xurxo Alonso (Buenos Aires 1956) é licenciado en Bioloxía, pintor e poeta. Como poeta é autor de nove libros e recibiu, entre outros, os seguintes premios: Avelina Valladares; Johán Carballeira; Francisco Añón; Bouza-Brey; Concello de Carral; Cidade de Ourense; Díaz Castro; Torre de Caldaloba e Lueiro Rey. Como pintor realizou máis de sesenta exposicións individuais e ontivo premios como a Bienal Cidade de Pamplona; Bienal de Pontevedra; Premio Gredos e Bienal Eixo Atlántico.