Skip to main content
Vilalba

O Comercio na Rúa de Vilalba repartiu os premios entre 1.500 participantes

Por 31 Agosto, 2023Sin comentarios

Un total de 1.500 persoas participaron a pasada semana nunha nova edición do programa Comercio na Rúa, realizado coincidindo coas festas de San Ramón e Santa María volve, organizado pola Asociación de Empresarios Polígono Sete Pontes.

Durante cinco días, as compras cun importe mínimo de 10€, realizadas nun dos comercios participantes, optaron a gañar varios premios, tres vales de 100€ para gastar nun dos comercios participantes e 4 vales de 50€.

Así, o sorteo realizouse onte e os gañadores dos tres máximos premios foron Mari Fé López Díaz, Rocío Fidalgo Prieto e Delfina Rouco Méndez.

Así mesmo, os vales de 50 euros foron para Desirée Fernández Saavedra, Eva Fuentes Prado, María Carballal de la Fuente e Araceli Paz Veres.