Skip to main content
Xermade

Pakolas e Laura Romero estarán este venres en Xermade

Por 9 Agosto, 2023Sin comentarios

A Biblioteca Municipal de Xermade acolle o vindeiro venres 11 de agosto a actuación de Pakolas e Laura Romero.

O espectáculo Cores, contos e rock coa Ramona Pequena terá lugar ás 12.00.

Dirixida a un público infantil e familiar este espectáculo onde a interacción cos nenos e nenas, a súa música acompañada por contos e historias e as cores e debuxos en directo de Laura Romero son o principal atractivo para o público.

Con esta proposta multidisciplinar crean así unha escena na que todos os asistentes poderán gozar da música, do debuxo e das cores que o rodean.

Un espectáculo para potenciar todos os sentidos.