Skip to main content
Xermade

Goía acolle este sábado unha romeria

Por 10 Agosto, 2023Sin comentarios

Goía, en Xermade, celebra este sábado día 12 de agosto unha romería que dará comezo a partir das 13.00 cunha actuación do grupo de gaitas de Roupar. 

Máis tarde os asistentes poderán desfrutar dunha sesión vermú a cargo do Grupo Alba e a continuación terá lugar a comida campestre que contará no menú con xamón á sidra, paella, carne asada, postre, café e chupito.  Tamén haberá mesas para os que leven o xantar. 

O baile da tarde estará amenizado polo Grupo Alba e o Trío Manhattan. 

Haberá unha colchoneta para os nenos e campo cuberto con carpa. 

Ademais o mesmo día 12 Goía acollera un concerto de Bregadiers, un grupo de experimentados músicos galegos que traerá música swing, jazz e rock&roll ás 17.00.