Skip to main content
Xermade

Momán está de festas esta fin de semana

Por 17 Agosto, 2023Sin comentarios

A parroquia de Momán, en Xermade, celebra as súas festas patronais esta fin de semana na honra a San Bartolomé e San Mamed.

O venres darán comezo ás 21.30 con liscos e chourizos gratis para continuar coa verbena a cargo da orquestra Dilema.

O sábado ás 13.30 terá lugar a misa solemne cantada polo Coro da Uned senior de Momán para continuar cunha sesión vermú a cargo de Rosel.

Xa pola noite a verbena estará a cargo das orquestras Rosel e Panama.

O domingo 20 a misa será tamén ás 13.30 na que volverá a cantar o Coro da Uned para continuar cunha sesión vermú a cargo de Salsarena que serán tamén os encargados de amenizar a verbena da noite.

Dende a organización informan que durante as sesión vermú haberá colchonetas gratis para os máis pequenos.