Skip to main content
AlfozDeportes AMARIÑAXAO Valadouro

A II Carreira popular Valadouro-Alfoz muda de data

Por 8 Setembro, 2023Sin comentarios

A organización da II Carreira popular Valadouro-Alfoz comunicou que mudan de data este evento deportivo. Así, nun primeiro momento ía celebrarse mañá sábado 9 de setembro, pero finalmente será o 4 de novembro.

Esta proba disputarase sobre un percorrido moi rápido de 6.500 metros, totalmente urbanos, nun tempo de 60 minutos.

A cita deportiva, que terá saída a partir das 10.30 horas da mañá coa absoluta e despois as seguintes categorías. A de Pícaros será sobre un circuíto de 200 metros, 600 Benxamíns, 1.200 Alevíns, 1.600 Infantís e Cadetes. Con saída fronte a Oficina de Turismo do Valadouro e meta e saídas de categorías inferiores no pavillón municipal de Alfoz.

A competición transcorrerá por un circuíto mixto pechado á circulación de vehículos, cun perfil moi suave propicio para unha carreira rápida.

A inscrición estará limitada a 200 corredores para a carreira absoluta, 50 corredores para a carreira Pícaros, 50 corredores para a carreira Benxamíns, 50 corredores para a carreira Alevín, 50 corredores para a carreira Infantil e Cadete. As inscricións en liña poderán realizarse ata o 7 de setembro.

De 9.00 ata 15 minutos antes da saída absoluta poderanse recoller os dorsais na carpa da organización situada na casa de cultura do Valadouro. Desde as 10.30 ata ás 11.30 horas entregaranse os dorsais dos menores no pavillón.

As saídas da carreira comezarán ás 11.30 horas cos Pícaros, e cada 5 minutos unha categoría. Ás 10.00 será a quenda da andaina popular.

A entrega de trofeos das probas realizarase ao finalizar a carreira Absoluta