Skip to main content
Alfoz

A asociación O Castelo de Alfoz organiza unha andaina pola Fraga das Lerias

Por 30 Setembro, 2023Sin comentarios

A asociación cultural e xuvenil O Castelo, de Alfoz, organiza para o vindeiro 15 de outubro unha andaina pola Fraga das Lerias, continuando polo Canal dos Canoura e rematando no curro de Santo Tomé.

É un ruta de 8 quilómetros con dificultade media e a organización recomenda levar botas de montaña.

A saída será desde a Casa do Concello de Alfoz ás 9.30 horas, haberá servizo de autobús gratuíto e a ruta comezará ás 10.00 horas. Ao final da andaina os participantes degustarán un aperitivo.

A data límite para anotarse é o domingo 8 de outubro e as inscricións poden facerse a través dos teléfonos 603 895 753 ou 617 299 798.

Para a organización desta actividade a asociación O Castelo conta coa colaboración do Concello de Alfoz.