Skip to main content
Burela

O PP alerta do malestar dos veciños pola falta de auga nas billas do cemiterio de Burela

Por 17 Setembro, 2023Sin comentarios

Os populares de Burela alertan do malestar dos veciños e veciñas ante a falta de auga nas billas do cemiterio municipal da Puída porque “aqueles que se achegan a acondicionar os nichos dos seus seres queridos non poden facelo porque non dispoñen de auga”.

Os propios afectados trasladaron as súas queixas ao Grupo Municipal Popular asegurando que este problema se debe a unha fuga de auga que se orixinou fai arredor de mes e medio; pero que, “a pesar de que a alcaldesa é coñecedora da situación dende fai aproximadamente un mes, aínda non se resolveu porque a señora López Moreno nada fixo por resolver esta problemática”.

Os populares lamentan que o actual goberno bipartito “lonxe de resolver os problemas dos veciños e veciñas, siga a arrastrar as eivas do anterior goberno socialista do que formaba parte a alcaldesa María del Carmen López Moreno”.

“Máis alá das fotos e posados”, os concelleiros do PP convidan aos líderes do goberno bipartito a “atender os asuntos que son da súa competencia en lugar de dedicarse á súa promoción persoal”.