Skip to main content
BarreirosCervoComarca AMARIÑAXA

Cervo e Barreiros fixéronse co diploma de ouro no marco do Programa Praias sen Fume

Por 18 Setembro, 2023Sin comentarios

Cervo e Barreiros fixéronse co diploma de ouro no marco do Programa Praias sen Fume da Xunta de Galicia, que leva a cabo a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.

Estes dous concellos mariñaos súmanse a esta iniciativa que botou andar no 2016 cun fin educativo e de sensibilización social. Comezouse con 26 praias, -dixo o conselleiro-, “e a día de hoxe xa son 224 os areais galegos libres de fume, e isto é posible grazas á colaboración dos 80 concellos que participan activamente no programa, e que son exemplo do que se pode acadar cando unha comunidade se fixa un obxectivo común”.

O titular da carteira sanitaria puxo en valor que Galicia sexa un referente en temas de saúde, “servindo de modelo a outras comunidades, que xa valoran o carácter atractivo e innovador desta iniciativa”.

Tamén subliñou Comesaña o compromiso da Xunta de seguir ampliando os espazos libres de fume. Así, “xa está activa a Rede Galega de Parques sen Fume e, en maio, deste ano presentamos o Plan Inspira Saúde”, no marco do que o Goberno galego decretou o 31 de outubro como Día Galego Sen Tabaco e fixou a creación dunha Rede Cidadá Inspira Saúde.

Para rematar a súa intervención, Comesaña dixo que “a promoción de espazos libres de tabaco é unha chamada á acción para salvagardar a saúde e o benestar da cidadanía galega”.