Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAMondoñedo

O GDR Terras de Miranda organiza un curso de iniciación á apicultura

Por 5 Setembro, 2023Setembro 6th, 2023Sin comentarios

O GDR Terras de Miranda organiza un curso de iniciación á apicultura que se desenvolverá a finais de setembro.

Este obradoiro, realizado pola Oficina Rural de Mondoñedo, está destinado a persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandeiría, industria agroalimentaria e cadea forestal- madereira ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do medio rural galego.

Será na finca A Granxa do IES San Rosendo durante os días 25, 26 e 27 de setembro e terá unha duración de 20 horas.

Para máis información haberá que poñerse en contacto chamando ao 982 828 533.