Skip to main content
A Pontenova

A parroquia pontenovesa de Conforto prepara a súa festa para esta fin de semana

Por 5 Setembro, 2023Sin comentarios

O vindeiro venres 8 e sábado 9 de setembro será a festividade de Santa María de Conforto, na que veñen devotos de municipios da contorna a ofrecerse por si mesmos ou para conseguir algunha intercesión para outros.

Haberá varias misas ao longo da mañá desde ás 9.00 e ata ás 11.30 horas, ata a máis concurrida que será ás 13.00 horas que contará coa procesión tras a eucaristía cantada polo Coro de Riotorto. Nesta última contarán coa participación do señor Bispo.

Máis tarde será a sesión vermú a cargo do Dúo Élite quen tamén amenizará a verbena da noite xunto con Disco Móvil Blanco y Negro.

Na xornada do sábado 9 tan só haberá un oficio relixioso, ás 13.00 horas seguido da procesión e a sesión vermú.

Ás 15.15 horas haberá un xantar popular servido por un cátering e que terá un prezo de 27 euros adultos e 15 para nenos.

Neste encontro gastronómico poderase degustar empanada, arroz caldoso, codillo, brazo de gitano, viño, auga, café e Pepsi.

Os tiquets xa se poden reservar no San Briz ou na Miña Sidrería.

A fonte de Conforto data do 1772 e foi mandada facer polo sacerdote Don Fernando Miranda. Ten na parte superior unha imaxe pétrea de Santa María de Conforto. O ritual consiste en mollar panos na agua e pasalos por partes enfermas do corpo e despois deixar atados os panos na vexetación que arrodea á fonte.

A construcción da santuario iniciouse en 1662, a tribuna é do 1713 e a torre de 1733 e o portón principal é de trazado renacentista. Os retablos teñen imaxes dos séculos XVI, XVII y XVIII. O retablo maior foi pintado en 1681 por Domingo Rodríguez Villameá. Ademáis consérvanse numerosos obxectos de tipo relixioso no Museo de Arte Sacro de Santa María de Conforto, situado ao carón do santuario.