Skip to main content
A Pontenova

A veciñanza da Pontenova manifestarase pola falta de médicos no centro de saúde local

Por 13 Setembro, 2023Setembro 14th, 2023Sin comentarios

A veciñanza da Pontenova manifestarase o vindeiro venres 15 de setembro para protestar pola falta de médicos no centro de saúde local. Esta cita será ás 11.00 horas diante do consultorio.

O Centro de Saúde da Pontenova, ao que lle corresponden un médico, unha médica e dúas enfermeiras para atender unha poboación de 2.100 habitantes está atravesando unha situación complexa e que provoca malestar entre a veciñanza ao contar agora con un só médico, feito que veu acontecendo xa na época estival, curiosamente cando na Pontenova aumenta tamén a poboación.

Ante isto, moitos pacientes vense na obriga de ter que acudir ao Punto de Atención Continuada (PAC) de Meira para poder ser atendidos das doenzas que padecen.

Pero o PAC de Meira tamén presenta problemas de falta de persoal, pois se o doutor que está de garda ten que ir a un domicilio, pode tardar ata 3 horas en volver, hai que ter en conta que este PAC dá servizo aos concellos da Pastoriza, Riotorto, A Pontenova, Ribeira de Piquín e Pol, e hai que engadir que teñen un forte compoñente de avellentamento da poboación, que precisa de máis atencións.